Deixamos a celebración do Día do Peón e do Magosto para este venres. Dende o recreo Pepe, o conserxe, estivo facendo o lume para asar as castañas. Tiñamos disposto queimar a caixa dos medos, pero a chuvia impedíunolo, teremos que facelo outro día. Pero ao que íamos, despois do recreo do comedor, baixamos ao pavillón, xa dixen que o tempo non acompañaba e non poidemos estar fóra, no campo. Os de infantil quedáronse no patio de dentro, xogando con papeis de periódicos, a encestar castañas...Os de primaria repartímonos en seis grupos que ían pasando polas diferentes estacións. En cada unha delas había que parar e facerlle bailar ao peón dun xeito diferente.
Cando pasamos por todos os xogos comemos as castañas, que por certo estaban boísimas! Mentres comiamos, unhas nenas cantareiras que temos no cole, amenizáronnos a degustación cunha regueifa do Magosto, acompañadas de pandeiretas.
Estivemos tan entretidos, que cando nos dimos conta, xa era hora de recoller as mochilas e marchar para a casiña. Pasámolo tan ben que non nos chegou o tempo a nada.
Para o vindeiro curso ten que durar máis a festa do Magosto!

No hay comentarios:
Publicar un comentario