8 jul. 2008

¡ XA REMATOU O CURSO !


Si, o curso xa rematou pero aínda andamos polo colexio uns poucos recollendo, reflexionando e preparando xa o próximo. PUCA, a nosa mascota, tamén está moi atarefada na biblioteca colocando cada libro no seu sitio e lendo o que lle apetece...

Si facemos memoria , temos que dicir que este curso supuxo un gran pulo para a biblioteca, unha renovación total e unha motivación para seguir avanzando no traballo. A creación do blog valeunos para dar a coñecer un traballo, que con moito esforzo, vai saíndo do equipo da biblioteca.

Esperamos comezar en setembro con folgos renovados, con ideas novas e arroupados polo interese do alumnado e d@s compañeir@s que se sumaron ó equipo da biblioteca.

E para rematar, unha imaxe do festival fin de curso, onde estamos tod@s bailando.


Un saúdo a tod@s e ata setembro.

O equipo da biblioteca.

No hay comentarios: