16 sept 2008

SAÚDOS DE BENVIDA A TODO@S

Ola a todos e a todas: un curso novo acaba de empezar, polos corredores do colexio xa se sinten voces e algún que outro choro, na sala de profes hai caras novas...Tod@s empezamos con ansias e ilusións renovadas, con ganas de seguir traballando neste vello proxecto que comenzamos xa fai uns anos uns poucos a quen nos unía o gusto pola lectura e polo traballo neste ámbito.
Este curso temos pulos novos porque se nos concedeu unha subvención para nós moi importante, para a poder seguir levando á práctica as nosas ideas: ¡¡¡5.800 euros!!! Non está nada mal... Así que: A traballar!
Un saúdo do equipo da biblioteca

No hay comentarios: