29 sept. 2008

POÑÉMONOS A ANDAR NA BIBLIOTECA


Ola outra vez!! O equipo da biblioteca reuniuse hoxe para poñer en marcha as ideas e actividades do proxecto deste curso que se chama " Mergullámonos na auga". Como xa podedes imaxinar, vai de auga...da do río Xunco, da praia de Rueta...Pero ademais seguimos coa animación á lectura, as mochilas viaxeiras, as actividades de formación de usuarios, a creación do recuncho de prensa e do contacontos, etc. etc. Como di o cartel que recibimos estes días e que vos mostramos aquí, a biblioteca é o servidor central da información e actividades do cole.


Para comezar, mañá temos no cole dúas sesións de animación á lectura que se inclúen dentro da campaña levada a cabo pola Ed. OQO en colaboración coa Deputación de Lugo. Van dirixidas ó alumnado de 2º e 3º ciclo, así que xa vos contaremos e mostraremos fotos. Un saúdo e ata mañá.

No hay comentarios: