30 ene 2009

RECITANDO E CANTANDO POLA PAZ


Por fin chegou o momento da posta en escena. Hoxe pola mañá baixamos a escribir nunha pomba grande...grande, mensaxes de PAZ. Tamén se colgaron os murais que elaboraron as nenas e nenos de 6º e os libros da PAZ de 3º e 4º. Pola tarde disfrutamos coas actuacións que prepararon as nenas e nenos. Primeiro todos cantamos a canción da PAZ, logo os de 1º e 2º recitaron e fixeron unha coreografía da poesía AMIGOS DE COLORES, logo 4º curso recitou o fermoso poema A FALA DAS POMBAS QUE FALAN. As nenas e nenos de 3º curso tiñan preparado o decálogo para medrar na PAZ, pero non foi posible porque tres deles enfermaron
¡ outra vez será¡

Logo os de 2º e 3º visionamos unhas presentacións moi fermosas sobre a amistade, os valores... E os de infantil e 1º ciclo fixeron xogos cooperativos.

Vésenos un pouco apretados porque tivemos que improvisar como escenario o corredor da entrada ao cole, xa que o lugar habitual estaba un pouco mollado por mor do temporal que nos arrincou unha chapa do teito. Un día ben completo!!! PUCA






No hay comentarios: