4 feb 2009

O COLEXIO DE CERVO CUMPLE 25 ANOS

Aínda que Mafalda só ten unha vela na tarta , o cole cumple uns poucos máis
¡ 25 anos que está funcionando!
¡ Cantas xeracións de nenas e nenos pasaron por estas aulas!
¡Eu daquela aínda non vivía na biblioteca!
Para celebrar este cumple estanse preparando unha serie de actividades que se van a realizar o 28 de febreiro e as que estades todas e todos convidados. Para que vos vaiades enterando e pasando a bola uns a outros/as vamos publicar aquí a nota informativa.
Contamos con vós!!! PUCA
NOTA INFORMATIVA A TÓDOLOS MEMBROS E EX-MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP DE CERVO.

Informámosvos que o vindeiro 28 de febreiro celebraremos o 25 aniversario do noso colexio. O programa é o seguínte:
16:00h. – Visita a exposicións varias no cole: fotos, videos, material escolar, etc... de ex-alumnado e alumnado actual.
17:00h. - Actuacións variadas de alumnos e alumnas que pasaron e están no colexio: poesías, cancións, bailes, etc..
18:00: Charla-coloquio aberta a quen queira participar. E para rematar, uns pinchos.
21:30h. – Cea nas instalacións do colexio. Se queres asistir a ela deberás ingresar a cantidade de 20€ na conta indicada abaixo antes do día 20 de febreiro.
Gustaríanos moito que vos acercárades por aquí todos os ex-profesor@s, membros de ANPAS pasadas e actual, membros dos Consellos Escolares de todo o período, ex-alumnado e alumnado de ahora e quen queira asistir e participar.

CONTA DE INGRESO PARA A CEA: BBVA 0182 1548 46 0201506019 (INDICANDO CLARAMENTE O NOME E APELIDOS)

INFORMACIÓN:

COLEXIO DE CERVO - TELÉFONO: 982557601
CORREO ELECTRÓNICO: ceip.cervo@edu.xunta.es



2 comentarios:

Mik dijo...

Moitas felicidades a tod@s!
Unha satisfacción para todos vós pensar que xa levades 25 anos formando parte das vidas de todas as persoas que dun xeito ou doutro están vinculados a ese cole. Deséxovos que teñades un día estupendo, cheo de lembranzas e amigos con quen compartilas.
Umha aperta dende Vigo

Anónimo dijo...

Pois moitas felicidades por este cumpreanos... só ten de malo que é tremendo o rápido que pasa o tempo, aínda que por outra banda é verdade que é unha sorte poder velo.
Moitos bicos dende Arzúa. Feliz día, e que disfrutedes da fermosísima mariña lucense, a pesar do mal tempo.