26 feb 2009

COLABORACIÓNS


Noelia Cao Ramos mandounos os seus recordos. Grazas pola colaboración e seguiremos compartindo as que nos enviedes.


Hola:

A verdade é que vai lembranzas, menudos recordos!! Non sei si vos lembrades da ficha de Xaquelina de Trasbar que era do libro "El pequeño vampiro" era preciosa. Xa o comentaba Pablo de Trasbar (que xa non esta con nós) que lle levara toda a tarde do domingo facela!! Pero o resultado merecera a pena. Eu lembrome das listas de espera que formábamos para poder coller os libros que máis nos gustaban como todos os do pequeno vampiro que eran os de moda na miña época. As fichas de lectura habíaas moi bonitas e outras non tanto pero ler líamos un montón. Na biblioteca ademáis de ir buscar libros tamén dimos clase algunha que outra vez sobre todo con María de Lenguaje. Encantame isto de celebrar os 25 anos do colexio.


Moito ánimo.


Noelia Trasbar

1 comentario:

BIBLIOCERVO dijo...

Si que me lembro da ficha de Xaquelina, aínda non hai moito que estaba pola biblioteca...Pero non sei si PUCA, a nosa mascota, se namoraría dela e nola gardaría porque non a atopamos...
A verdade é que era moi bonita e moi traballada.
Como recordo poño a imaxe dun libro do Pequeño Vampiro, ¡aínda segue gustando! Xa é un clásico no colexio.

María.