22 feb 2009

COLABORACIÓNS

Empezánnos a chegar as primeiras colaboracións de antiguas alumnas. Silvia deixounos un comentario na entrada LEMBRANZAS e Leticia enviounos as súas nun correo que publicamos aquí. Moitas grazas ás dúas e agardamos máis cousiñas...



Os meus recordos da biblioteca non son moitos, xa que só recordo de ir algunha vez a dar clase alí, pero porque algo pasaba na nosa aula. Do que si teño moi bos recordos é dos hábitos de lectura do colexio. Cando en 4º-5º de EXB comenzamos a facer "Fichas de Animación á Lectura", e competiamos por a ver quen a facía máis bonita ou máis grande, logo colgabamolas no corcho do pasillo. En canto aos meus libros preferidos daquela época gardo tres na memoria con especial cariño: "O zoo do Pitus", "El pequeño vampiro" e calquera dos de Roald Dahl (Matilda, As Bruxas, O gran xigante bonachón...) Pero o recordo que máis gardo na memoria sobre a biblioteca foi cando Marcos o de San Román meteu as tixeiras no enchufe que está situado na parte de atrais e se foi a luz en todo o colexio...menos mal que as tixeiras tiñan o mango de plástico que senón...

1 comentario:

BIBLIOCERVO dijo...

Nós tamén temos moi bos recordos das boas e bos lectores que pasástedes polas aulas do cole e lendo as "vosas cousas" a verdade é que nos emocionamos e levantamos a moral.
Levamos uns días moi atarefados, pero moi ilusionados preparando todo para que o día 28 atopedes o colexio moi, pero que moi fermoso.
Saúdos agarimosos.