O 14 de febreiro celébrase o Día de San Valentín ou tamén o Día dos enamorados e do Amor. Dez días máis tarde, o 24 de febreiro, é o Día da gran poeta galega Rosalía de Castro porque tal día coma ese, do ano 1837, naceu a escritora.
A min ocórreseme lembrar as dúas datas no poema
UNHA VEZ TIVEN UN CRAVO
de Rosalía, cargado de amor, desamor,..?
De gran sentimento, en calquera caso.
Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentóu,
que eu día e noite sin cesar choraba
cal choróu Madalena na Pasión.
“Señor, que todo o podedes
-pedínlle unha vez a Dios-,
dáime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición”.
E doumo Dios, arrinquéino.
Mais…¿quén pensara…? Despois
xa non sentín máis tormentos
nin soupen qué era delor;
soupen só que non sei qué me faltaba
en donde o cravo faltóu,
e seica..., seica tiven soidades
daquela pena…¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quén o entenderá, Señor!…
Rosalía de Castro(Follas novas, 1880)
Si o queres escoitar recitado por Marina Mayoral, premede na palabra CRAVO e poderedes disfrutar coa súa recitación.
2 comentarios:
Precioso! A nostalxia que produce un amor pasado pode inspirar poesías tan fermosas como esta. Ai, a gran Rosalía, cantos sentimentos nos provoca...!!
Fermisísimo poema. Apto para quenes sufriron males de amor... e recuso para quenes os sufran no futuro.
Rosalía, sabía ben o que escribía...
Publicar un comentario