15 feb 2009

O ANTROIDO


Pasou o Nadal, o Día da Paz, San Valentín... e xa temos aquí o Antroido. Xa sabedes que o imos a celebrar toda a semana, disfrazándonos cada día un pouquiño ata chegar ao venres, cando luciremos todo ao completo. Este ano a temática é de velliños e velliñas e para eso:



  • O luns traeremos algo na cabeza.


  • O martes algo da cintura para arriba.


  • O mércores é o día en que nos disfrazaremos do que nos pete, é dicir, día libre...


  • O xoves faremos a festa da auga, para a cal hai que vir debidamente preparados si queremos participar: chuvasqueiro, botas, pistolas e botixos para a auga...


  • O venres e o gran día: luciremos o traxe completo de velliños e velliñas.

Sobre as 12 da mañá iremos ata a Plaza do Souto nunha comparsa,armando barullo e cantando as coplas do antroido.


De volta no cole faremos a queima do antroido.


No comedor degustaremos un xantar típico destas datas e os postres que vades aportar vosoutros


¡ acordádevos de axudar na casa a facelos!


Logo pola tarde teremos unha tarde de festa, xogos e diversión.


Para irse informando e poñéndose a tono, na columna da esquerda onde pon ANTROIDO, tedes enlaces para consultar e para divertirse. A pasalo ben! PUCA


No hay comentarios: