Hoxe recibimos a visita de Toñita e de Javier, unha nai e un pai que viñeron á biblioteca a lerlles uns contos ás nenas e nenos de 3º e 4º.
Despois de escoitar moi atentos, fixéronlles preguntas sobre os seus gustos lectores de cando eran máis pequenos.
Para rematar, disfrutamos lendo e sobre todo vendo, as fermosas fotos do libro "Los ojos de la Tierra".
3 comentarios:
Que bonita experiencia!!!
Penso que aos nenos/as lles gusta moito que os pais e as nais colaboren en actividades do colexio.
Parabéns por esta actividade.
Unha aperta dende Pontedeume.
RAIOTECA.
Nós fixemos unha actividade parecida. Chamábase "Os avós tamén contan" e tivemos a sorte de escoitar as historias de algúns avós logrando entusiasmar aos nenos/as.
Dá gusto ver que as familias cada vez están máis dispostas a colaborar.
Unha aperta
Ah! O novo "look" do blogue encántame
Publicar un comentario