7 mar. 2009

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O domingo 8 de marzo conmemórase a loita da muller por acadar a igualdade co home en todos os ámbitos da súa vida e do seu desenrolo. Dende a nosa biblioteca e do blog, tamén queremos sumarnos a esta celebración cun recordo especial de todas e cada unha das mulleres que diante nós foron abríndonos camiños.
Nas aulas do cole estanse realizando diferentes actividades a partir de contos, de lecturas, de vídeos...Aquí presentamos un sobre coedución. Atoparedes máis recursos no lado dereito do blog, en recursos DÍA DA MULLER TRABALLADORA.

No hay comentarios: