O xoves pasado a biblioteca acolleu as nenas e nenos de infantil que participaron e recrearon o libro " A vida no mar".
Miriam, estudiante de maxisterio que está facendo as prácticas no cole coa axuda de Ana Belén, a profe de Audición e Linguaxe, a través das imaxes proxectadas na pantalla, dos sons, das cancións e moitos máis recursos especiais...fixeron que as espectadoras e espectadores participasen con entusiasmo da lectura do libro.
Con anterioridade foi o conto de Nadarin o que elixiron para unha sesión de contacontos.
Estas actividades están enmarcadas dentro do Proxecto " Mergullámonos na auga"que estamos a traballar na actualidade e que os máis grandes o fan a través dunha webquests que elaborou o grupo de traballo da biblioteca e que podedes ver si premedes aquí
No hay comentarios:
Publicar un comentario