27 may 2009

CARTA DE CARMELA

Onte pola mañá chegou Carmela á clase cun folio dobladiño a xeito de sobre dunha carta, deumo e, curiosa, despregueino para ver o que traía, porque eu non dixera de facer na casa ningunha carta. Cal non sería a miña sorpresa cando empezo a ler e vexo o titular, sigo lendo e fico asombrada da naturalidade e espontaneidade con que unha nena de 4º defende a súa, a nosa, lingua. Inviteina a que lera en alto e comprobo que o resto da clase comparte con ela o que di: opinan, falan...están preocupados porque pensan que agora van ter que "aprender en castelán, falar en castelán, escribir en castelán..."
Eles escoitan falar nos medios de comunicación, na súa casa, na rúa, etc. que si o galego, que si o castelán e non entenden o motivo da disputa. A pena é que case naide lles pregunta o seu parecer, que non se lles escoita, porque razonan mellor que moitos maiores, e que non lle pareza mal a ninguén...
Pregúntolle a Carmela que quere facer coa carta: poñela na clase, mandarlla ao director, ao xornal escolar xa non chegaría a tempo...Dime que a podemos publicar no blog. Paréceme ben: igual que damos a coñecer outros traballos, tamén podemos mostrar este.
Con toda a naturalidade e espontaneidade, aquí tedes a carta de Carmela.
Premede nela para vela máis grande.
María, titora de 4º curso.

No hay comentarios: