10 may 2009

EN MAIO...RAPEAMOS

Grazas ao ENDL MESTRE MARTÍNEZ ALONSO de Mos, a través do seu blog http://mestremartineznormalizacion.blogspot.com/ e do da biblioteca http://unratonabiblioteca.blogspot.com/
podemos compartir dous traballos fabulosos para este mes de maio tan significativo para a nosa lingua. Trátase do RAP DA LINGUA que compuxo o grupo MIGALLAS para animarnos a falar en galego con fachenda e sen vergoña.
Tamén nos ofrecen a posibilidade de escoitar un rap da poesía DEITADO FRENTE AO MAR de CELSO EMILIO FERREIRO, en versión dos DIOS QUE TE CREW.

1 comentario:

Equipo biblioteca dijo...

Grazas polos vosos parabéns.
Estamos encantados con poder compartir esta actividade con vós.
un saúdo a tartaruga lectora