2 jun 2009

PUCA, A MASCOTA, ESTIVO DE ANIVERSARIO





O pasado venres 29 de maio celebramos o aniversario de PUCA. Pola mañá tivemos dúas sesións de contacontos na biblioteca, a cargo da Ed. Edelvives, una para 1º ciclo e infantil e outra para 2º e 3º ciclo. Logo desplazámonos ata o Museo Histórico de Sargadelos para aisitir a representación dun FONOCONTO a cargo de Charo Pita e Lina Pérez e o Grupo Instrumental Siglo XX, dentro das actividades de ESPAZOS SONOROS.
Ó longo de todo o día PUCA recibiu moitos agasallos: cartas, poemas, debuxos, pinzas para o pelo, pegatinas, pétalos de rosas...
Xa pola tarde, tódolos cursos lle leron a PUCA as composicións creadas para este día. Eran tan emotivas que algunha que outra bágoa se viu asomar na cara da mascota!
O recén creado coro do colexio fixo a súa presentación oficial interpretando varias cancións e ao final: ¡A CANCIÓN DE PUCA! preciosa, moi bonita, cando poidamos xa vos mostramos o vídeo dela.
Para rematar UNHA TARTA, a doce sorpresa que nos tiña preparada a mascota.Todas e todos disfrutamos moito e pasamos unha tarde moi entrañable.



Desexámoslle a PUCA que poidamos celebrar a súa estancia con nós moitos máis anos con tanta ilusión e alegría.


1 comentario:

Mik dijo...

¡Que divertido!
Dende Vigo tamén queremos enviar a Puca os nosos desexos de que cumpla moitos máis.
¡¡Moitos bicos, Puca!!