30 may 2009

DVÁ! Presenta O DESERTO DE RUB AL-KHALI



" Un punto de partida, unha viaxe, un encontro, unha morea de músicas que acompañan esta historia de Paula Carballeira"


Así dicía a presentación desta actividade, un concerto de música que tivemos esta semana no cole. "DVÁ" en ruso significa dous. O deserto de Rub Al-Khali é un espectáculo de dous: Vadim Ykhenevich e Manolo Panforreteiro, acordeonista e gaiteiro.
"Un concerto de músicas desde Bielorrusia a Galiza; músicas de cine, músicas tradicionais en versións novas, músicas de fábula, con personaxes...como un corvo que se pon a cantar medio rouco".
Os instrumentos protagonistas son o acordeón e a gaita, pero tamén tocaron un piano de cola de xoguete, un metalófono cromático, e melódica, a ocarina, o wistle e a trompa.


Todo un luxo poder disfrutar desta actvidade que nos achegou a Deputación Provincial de Lugo.

No hay comentarios: