O luns 22, para despedir ben o curso, tivemos unha xornada de convivencia organizada pola ANPA e en colaboración coas mestras e mestres do colexio. Ás 11:30 da mañá tomamos unhas brochetas de froitas con xarope de chocolate, logo houbo obradoiros de pintura de caras, elaboracíón de chapas e inchables.
Ás 14:30 h. fixemos o derradeiro xantar do curso no comedor, con vivas e hurras, baile da pelusa e algún que outro choro de despedida, sobre todo por parte dos de 6º que nos deixan para ir ao instituto.
A todos lles desexamos que teñan moita sorte na súa nova etapa e PUCA agradécelles moito a súa colaboración na biblioteca ao mesmo tempo que os invita a seguir visitándoa, e a non esquecer o bo hábito de ler. Sinte que non a teñan visto " na realidade" tal e como lle pedían, pero estarán sempre no seu corazón de rat@.
Unha aperta moi entrañable para todo o alumnado do cole, en especial para o grupo de 6º : EREA, ANTÍA, MARTA, LAURA, IRIS, CARLA, XELA, DANI,DIMAS, LUIS, BRUNO e NEREA, que nos faltaba. Mil perdóns, Nerea, por non poñerte antes. Outra aperta de: PUCA
No hay comentarios:
Publicar un comentario