27 jun 2009

GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO

¡ IMPORTANTE PARA AS FAMILIAS !
Nota enviada pola Consellería con data 26 de xuño sobre a GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO
A Consellería de Educación informa aos centros educativos das novidades no programa de libros de texto para o vindeiro curso escolar:
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria aportará 180 € por alumno de familias con rendas baixas grazas ao novo sistema de axudas á compra de libros en centros públicos e concertados, que vai sustituír progresivamente ao mecanismo de préstamo vixente. O novo programa dotará ás familias de bolsas que cubrirán a compra en función do nivel da renda, asegurando axudas para as familias con menos recursos.A bolsa cubrirá a totalidade do gasto en libros para familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar –ou ata 6.000 €, se a familia é monoparental- cunha axuda máxima de 180 euros por cada neno. Para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000euros por persoa no fogar –ou entre 6.000 e 9.000 € no caso das monoparentais-, aConsellería garante unha axuda aproximadamente da metade do custo.Ademais, a bolsa será de ata 250 euros para o alumnado de Educación Especial,independentemente dos ingresos familiares.A convocatoria de solicitudes de bolsas sairá publicada este verán e abrirá un prazo durante o mes de setembro para que as familias soliciten as axudas nos centros educativos. AConsellería implantará un sistema de tramitación que non supoña un traballo adicional paraos centros, do que se informará en canto se ultimen os detalles.Implantación progresiva O sistema de axuda á compra de libros comezará nos dous próximos cursos para 1º, 2º 5º e6º de Primaria e Educación Especial, que son os niveis nos que o calendario fixaba a reposición total. No curso 2011-12 sumaranse 1º e 3º da ESO, para pasar a cubrir todos os niveis a partir do curso 2012-13.Polo tanto o programa actual de préstamo irá desaparecendo paulatinamente durante a implantación do novo sistema, polo que o vindeiro curso os alumnos de 3º e 4º de Primaria e os de Secundaria recibirán os lotes xa existentes nos centros no mes de setembro. Durante o mes de xullo sariá publicado no DOG a convocatoria de reposición para estes cursos nos que se mantén o préstamo o vindeiro curso, que será similar á de anos anteriores en canto a importes máximos.
Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2009O DIRECTOR XERAL DE CENTROS E RECURSOS HUMANOSJosé Manuel Pinal Rodríguez
Lido no blog Reibonteca.

No hay comentarios: