Dentro da campaña de animación lingüística Voces á Orella e co patrocinio da Ed. Xerais, o mércores 28 de outubro asistiremos a un espéctáculo de maxia a cargo de CALI O MAGO baseado no libro AMANCIO AMIGO E O MEIGO DE SALAMANCA de XOSÉ MIRANDA.
O acto terá lugar na Casa da Cultura de San Cibrao e asistiremos os cursos de 3º, 4º, 5º e 6º. Posteriormente nas aulas, utilizaremos o libro que a editorial nos deu para cada nen@ na Hora de Ler.
No folleto de presentación do espectáculo di o seguinte:
" Despois da lectura marabillosa de Amancio Amigo e O Meigo de Salamanca, O MAgo Cali preséntanos un espectáculo cheo de maxia e ilusión. Un percorrido polos efectos máxicos máis coloridos e fantásticos. Na procura dese espazo de inocencia que transmiten os libros e a súa lectura, a maxia que xorde como por arte de encantamento fai o espectáculo divertido e comunicativo. Na busca sempre da atmósfera máxica con toda a súa emoción. "
Agradecemos a Ed. Xerais a invitación que nos fai, o agasallo dos libros para as aulas e xa vos contaremos como foi o espectáculo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario