Este foi un fin de semana chuvioso en Santiago. O tempo prestouse para que uns 1200 docentes asistísemos ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia, para que estivésemos no Palacio de Congresos escoitando as ponencias destas xornadas, que este ano tiñan por lema " Novas lecturas, novos lectores". Non vou contarvos nada sobre elas, porque vos vou remitir ao blog O Segrel do Penedo que xa fixo unha crónica completísima. A min en xeral, gustáronme as ponencias , unhas máis que outras, pero de todas quédome coa de Guadalupe Jover, profesora de secundaria en Madrid, e quero compartir con vós, lectores deste blog, unha foto que nos mostrou, titulada " Reto" que foi a mellor fotografía árabe do ano 2007.
O seu autor é o fotógrafo Wasim Kheir Beik, quen captou a imaxe despois de moitos intentos, pois parecer ser que a nena da imaxe non lle facilitaba o traballo. A mensaxe que quere transmitirnos é a seguinte:
"Quiero que sirva
como prueba de que, con voluntad y trabajo, un ser humano puede derrotar a la pobreza y la
enajenación.
Non a puxen ao lado do cartel das xornadas intencionadamente, pero ao subir as imaxes a este post colocáronse así e non puiden evitar facer comparaciónse e atopar semellanzas nas protagonistas: a mesma postura, o mesmo xesto, a mesma actividade...As diferenzas tamén son evidentes: o reto non é para tod@s o mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario