Para escorrentar e barrer os medos no Samaín, fixemos os amuletos que podedes ver nas fotos. Esta foi unha actividade na que colaborou O MUSEO HISTÓRICO DE SARGADELOS a través duns obradoiros moi orixinais que pretenden acercar a cultura e o arte do entorno á escola.
Ademais destes obradoiros, celebramos o Samaín disfrazándonos de pantasmas, lendo contos e relatos de medo, decorando cabazas, elaborando merendas medoñentas a base de arañas de regaliz, intentando coller mazás na auga cun lapiz ben afiado, cantando e bailando...
En fin, esta festa que empezamos a recuperar para as nosas celebracións non fai moitos cursos, está a convertirse en todo un éxito entre o alumnado
1 comentario:
Gústanos moito a idea dos amuletos. Tomamos nota.
Que ben o pasades!!!!
Unha aperta desde Pontedeume.
Publicar un comentario