12 nov. 2009

POLO SAN MARTIÑO, PEÓNS AO CAMIÑO...

E POLO SANTO AMARO, PEÓNS AO FAIADO

Estes dous refráns invítannos a bailar os peóns antes de que chegue xaneiro. No colexio de Cervo fixémoslles caso e o día 11 de novembro, DÍA DO PEÓN, saímos ao patio a bailalo.

Para aprender a canción do PEÓN premede no título seu título FAGO O CAMIÑO







As nenas e nenos de 5º e 6º, ademais fixeron unhas fichas onde recollen diferentes xogos e formas de bailar o peón.















Se queredes saber máis cousas relacionadas con esta data, tedes a oportunidade de consultar a páxina de VIEIROS DA ESCOLA Nela atoparedes cousas tan curiosas coma que os peóns xa existían na idade de pedra e de que eran obxectos máxicos empregados polos bruxos para adiviñar o futuro.

En BRINQUEDIA atoparedes moitas cousas relacionadas cos xogos populares.

No hay comentarios: