Esta actividade está dentro da campaña CONTOS PARA FALAR que organiza Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración da Ed. EDEBÉ.
Na 1ª sesión disfrutamos dunha montaxe musical e narrativa dunha viaxe ao longo de Galicia. Na 2ª o fío conductor era a ODISEA para acercarse as xentes do mar, ás navegacións antigas e as aventuras de Odiseo oa seu regreso á casa despois da guerra de Troia.
Ao final fomos agasallados cun cd das cancións interpretadas e uns libros: para os máis pequenos A ESCOLA DOS PIRATAS DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ e para os máis grandes A ODISEA CONTADA AOS NENOS que traballaremos agora nas clases.
Aquí vos mostramos imaxes deste día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario