Ese é un verso dun poema de ANA ROMANÍ titulado
DAS ÚLTIMAS MAREAS,
que hoxe, 8 de marzo,
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
queremos adicar a todas as MULLERES, porque como di a autora:
”As mulleres do poema Das últimas mareas somos en realidade casi todas, elas fregan a louza, limpan a casa, atenden ao seu pai enfermo, van a compra, escriben poemas, dan clase…”
Das últimas mareas
(Fragmento)
Camiñan descalzas polas rochas,
pantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia restos do naufraxo.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de agua, liquidos e fráxiles,
rebélanse contra a historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.
(Ana Romaní)
Si che gustou o poema e queres saber máis cousas desta muller, preme arriba, onde aparece o seu nome.
E para que acompañes a poesía coa música, escoita a canción CENTEÁS, de LUAR NA LUBRE, homenaxe a todas as mulleres, en especial as galegas.
1 comentario:
e mentras neste precioso video co que se agasalla a todas as mulleres vai desgranando miradas de muller unha a unha, un anuncio publicitario de google vai poñendo:
busca la mujer ideal, solucion a los problemas capilares de lamujer....
Xesus! seguen sen se enterar, como di unha vella amiga :
Era boa se colara!!!!!
Una saúdo dende Vide.
Publicar un comentario