Estamos moi contentos no cole, porque acaba de nacer un novo blog! Chámase
DENDE A TRABE ATA O XUNCO POLA LINGUA.
E como dín na súa presentación " é unha iniciativa dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística de dous centros veciños, o CEIP Santa Rita de Galdo, en Viveiro, e o CEIP de Cervo, no concello de mesmo nome.
Esperamos que este vehículo nos sirva como desculpa para intercambiar experiencias, colgar os traballos feitos polo alumnado dos dous centros en prol da nosa lingua e facer así a distancia que nos separa todavía máis curta."
Nosoutros, dende o blog da biblioteca, dámoslles a benvida e a noraboa por esta iniciativa en prol da lingua.
Un saúdo, compañeiros.
Ah, podedes visitalo no lado dereito do noso blog e neste enderezo:
No hay comentarios:
Publicar un comentario