23 abr 2010

PADRIÑOS E MADRIÑAS

                     No
DÍA DO LIBRO
fixemos esta actividade, a de
MADRIÑAS E PADRIÑOS.
Puca escribiulles unha carta explicandolles a actividade:
cada nena ou neno de 3º, 4º, 5º e 6º apadriñaría  a un de 3, 4, 5 anos, de 1º e 2º de primaria. O que lles tocose por sorteo. Os maiores terían que lerlles un conto aos pequenos. Os afillados e afilladas daríanlles un agasallo: unha rosa de papel feita por eles.
Para os pequenos era unha sorpresa; para os maiores unha responsabilidade, posto que estaban moi preocupados en elixir o libro axeitado.
Houbo nervios toda a semana, e hoxe máis, ata que chegou o momento. Pero non vos sigo contando, vede as imaxes:
NON LEMBRAMOS UN RECREO TAN TRANQUILO DENDE VAI BOA! 


4 comentarios:

bibliocovas dijo...

Realmente parece que foi un éxito a actividade.Vexo a tod@s moi concentrados no seu traballo.
Noraboa aos padriñ@s e afillad@s

María dende a bibliocovas

BIBLIOCERVO dijo...

A verdade que dado o éxito da xornada, recomendamos esta actividade a tod@s!
Un saúdo de María dende Cervo

Anónimo dijo...

Foi divertido leer o conto a os mais pequeniños

Marga dijo...

Que bonito!!!!!!!!!!!!!!
Emocionoume velas fotos, pareceme unha actividade que ten que repetirse tódolos anos