26 abr 2010

PALABRAS DE CARAMELO

O día 16 deste mes de abril e dentro das actividades do MES DO LIBRO, visitou o noso colexio GONZALO MOURE. Cando se presentou díxonos que estaba algo tolo, pero nós cremos que só é divertido.Explicounos que todos os libros que escribía eran cousas que el vivía. Tamén nos contou que pasa parte do ano no Sahara e que alí coñeceu a unha nena xordomuda chamada Fatimetsu Mint Abdessalam. Coñeceuna con seis anos, pero di que agora ten vinte.
Tamén falou que sacara a idea de PALABRAS DE CARAMELO porque un día Fatimetsu preguntoulle se os cameliños falaban.
Moitos nenos preguntaban que como se entendía con ela e el dicía que en lingua de sinos. A nós parecíanos que era a linguaxe de signos reglamentaria, pero en realidade era inventada por Fatimetsu.
El fai moitas viaxese extrae a materia prima para escribir, tarefa á que se adica xa fai ao redor de vinte anos.
Chegado á literatura infantil case polo azar, agora declárase comprometido con ela, para lograr facer lectores sólidos, para que non perdamos nunca o que se chama " O DON DA LECTURA".
Na nosa biblioteca temos estes libros seus:  PALABRAS DE CARAMELO, que lemos en 5º e 6º curso, MAITO PANDURO, LILI LIBERTAD, SOY UN CABALLO (lido en 4º curso), LOS CABALLOS DE MI TÍO, EL OSO QUE  LEÍA NIÑOS ( que leron en 3º curso), LOS GIGANTES DE LA LUNA E CAMA E CONTO, que nos trouxo de agasallo recén publicado.
Adicounos algúns cunhas fermosas palabras e nós para despedirnos escribimos esta poesía que dixo Caramelo e que escribiu Kori, protagonistas do libro:
Non chores porque a vida se acabe,
pensa que vivimos...
Eu acéptoo
voume coa túa lembranza
aos pasteiros do ceo...
E mentras ti vivas,
Eu sempre estarei contigo.
Ti aínda non entendes,
pero cando a noite te alcance,
entenderalo tamén,
pequeno Kori, o ,eu único amigo...

1 comentario:

Anónimo dijo...

Que fermoso