31 oct 2010

A BRUXA REGAÑADENTES E AS MAZÁS ACARAMELADAS



Despois de varios días informándose e traballando sobre as mazás, chegou o momento tan desexado polas nenas e nenos de infantil e 1º ciclo: preparar e comer as mazás acarameladas.
Seguiron a receta que Puca lles mandou e os resultados foron espectaculares.
Logo a profe Ana contoulles na biblioteca o conto A BRUXA REGAÑADENTES  e para máis emoción, medo,..? Apareceu a bruxa coas mazás que elaboraran. Ufff! Que día!



PROXIMAMENTE CONTAREIVOS COMO CELEBRARON O SAMAÍN AS NENAS E NENOS DE 2º E 3º CICLO.

No hay comentarios: