Pesadillas, vampiros, monstros, bruxas, arañas...como di o título do mural:
MOI VALENTE HAI QUE SER
PARA MEDO NON TER.
Pero no cole hai rapazas e rapaces moi valentes que, para celebrar o samaín, atreveronse a facer unha receita de cociña con pan de molde, marmelada de framboesa e crema de cacao e que bautizaron co nome
" dedos do samaín"
Por si eso fora pouca valentía, leron libros de medo, con monstros, bruxas, arañas, vampiros,... como protagonistas e fixeron unha exposición con eles e coas fichas de animación á lectura.
Por último, para botar os seus medos fóra, fixeron un mural poñendo as cousas que lles daban medo, porque non hai mellor remedio que falar deles e exteriorizalos para que xa non sexan medos.
Nesta presentación tedes un resumo do que vos contamos, si non vos da medo, claro...
No hay comentarios:
Publicar un comentario