O 4 de outubro celébrase o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO promovido por IGACIENCIA e coa colaboración de varias institucións.
O noso colexio inscribeuse para participar no obradoiro A MAXIA DA ROBÓTICA que terá lugar do 9 ao 13 de novembro en Burela.
Dende a biblioteca propoñemos traballar con materiais de ciencia en galego, en diferentes formatos: libros impresos, libros dixitais, materiais multimedia,...Faremos unha exposición cos fondos da biblioteca relacionados co tema e realizaremos actividades en torno á lectura duns libros da colección " O club da ciencia", da Ed Xerais que mercamos recientemente para a biblioteca e que se titulan:
- Un veciño cheo de sorpresas. Para explorar o universo.
- Un furacán chamado Otilia. Para explorar a atmósfera.
- Sempre tes que meter o nariz. Para explorar o corpo humano.
- Un día na granxa. Para explorar o mundo animal.
- Descenso ao barranco do demo. Explora as paisaxes.
- Mi madriña que paisaxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario