15 oct 2010

PUCA E AS MAZÁS ACARAMELADAS





Á biblioteca chegaron uns debuxos e unha carta do alumnado de infantil para Puca. Os debuxos demostran que as nenas e os nenos queren moito a mascota, porque lle debuxaron un montón de corazóns, de alegres nenos xogando, de soles...E na carta, que lle dicían? Pois  pregúntanlle  como se fan as mazás acarameladas. Qué estarán argallando coas mazás que esta semana había moitas no corredor do colexio? E que será  un aparato  moi grande  e antiguo que apareceu ao lado delas?
O mércores estiveron lavándoas logo ,cortáronnas e  machacáronnas  cuns paos e con ese aparato tan raro. Debía costar facelo, porque ata tiveron que sudar as profes, a cociñeira,o conserxe...Logo recolleron nun caldeiro un líquido rosado que bebían en vasos...
Tamén falaban do conto da mazá viaxeira... En fin, agardamos  que nos expliquen o que están facendo, mentras tanto temos que conformarnos con ver estas fotos. Ah! Tamén queremos saber o que lles contestou Puca! Seguiremos informando.



No hay comentarios: