11 oct 2010

OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

 É o 2º curso que a Consellería de Educaión difunde aos centros o cartel que potencia a biblioteca como un espazo educativo cheo de recursos e oportunidades para toda a comunidade escolar. O deste ano é de Marina Seoane, ilustradora madrileña que vive en Galicia dende fai anos.

O lema é "Biblioteca Escolar: Un mundo de oportunidades". Con el a IASL ( Asociación Internacional de Biblioteconomía Escolar) quere resaltar o importante papel que acadaron as bibliotecas escolares e o traballo dos profesionais implicados nesta tarefa.
A biblioteca é un medio facilitador da aprendizaxe porque nos permite acceder a múltiples recursos, de coñecer o traballo de persoas diversas e tamén de dar a coñecer o noso: unha canle colaborativa e desinteresada, UN MUNDO DE OPORTUNIDADES á nosa disposición.
No cole estamos preparando unha actividade que nos vai deixar "pegadas" polos corredores do colexio que nos levarán ata a biblioteca. Xa vos contaremos!

No hay comentarios: