O venres día 19 de novembro fomos de excursión a Lugo e ó castro de Viladonga, e vimos tres salas: nunha había ferramentas,xoias e na outra había unha pantalla na que se vía unha casa na que se reflexaban algúns hologramas. Logo saímos a ver un pouco o castro, onde había muros baixos en forma circular e de forma cuadrangular, pero como estaba chovendo non puidemos velo moi ben.
Máis tarde fomos ó museo Provincial de Lugo tivemos que esperar un pouco porque primeiro entraron 3º e 4º. Despois tocounos unha monitora superguai chamada María. O museo era moi grande, asi que só nos ensinou unhas poucas salas. Pero o que máis nos gustou, en xeral foi a sala negra, que era a sala onde estaban as xoias, como o Torques de Burela. Un torques que pesaba 2 Kg. de ouro, tamén tiña un carneiro de ouro, que supoñían que estaba oco por dentro.
A sala era negra porque así resaltaba máis o ouro.
Máis tarde fomos ás Termas, a comer. A ración era moi grande e casi ninguén deu comido todo. Cando acabamos de comer podíamos ir ó baño e mercar. Despois voltamos para a casa, e o camiño no autobús fíxosenos moi curto.
ALUMNADO DE 6º CURSO
No hay comentarios:
Publicar un comentario