30 nov. 2010

OS MOSAICOS

Este é o mosaico no que se está traballando.

Este curso cambiamos a imaxe de cabeceira do blog, puxemos unha que se corresponde cunha parte dos mosaicos que cubren as paredes exteriores do colexio.
Os mosaicos comenzáronse  a facer no ano 1998, o alumando de 3º ciclo coa pretensión de personalizar e cambiar a estética das paredes do edficio. Os deseños son de Xosé Blanco, quen a partir do Proxecto Curricular do Centro e dos diferentes proxectos que realizamos, fai  o debuxo dos mosaicos.
Contamos coa inestimable  axuda do noso conserxe, Pepe, que con gran paciencia coloca nas paredes as pezas e corrixe algún que outro fallo.
E da suma de todos estes esforzos, saen as  obras que vos mostramos na presentación. Creo que merece a pena velas!

5 comentarios:

Manuel dijo...

A escola coas paredes máis orixinais de todo o mundo!!!!

MIK dijo...

PRECIOSOS!!

Anónimo dijo...

Probando, probando... ¿recíbese esta mensaxe? (é que nunca enviei un comentario a un blog, perdonade).

Anónimo dijo...

Ola María, faime saber se recibiches o comentario, teño ganas de falar do premio :-).

Belén dijo...

IM-PRESIONANTE!
Parabéns polo traballo
bicos