Xacobo Casal ven de gañar o premio de poesía Díaz Jácome convocado polo concello de Mondoñedo. No xornal O Progreso do martes día 16 ven esta entrevista. Nela lémbrase do colexio, candi di:
" tiven a sorte de ir a un colexio, o de Cervo, onde nos infundiron moita adicación á lectura e á escritura..."
E buscando buscando pola biblioteca, Puca atopou este traballo seu que fixo cando cursaba 8º de EXB: unhas "greguerías" coas que daquela non recibiu premio algún, pero que hoxe ensinamos con orgullo aos alumnos/as actuais, para que lles servan de motivación. Tamén as empregamos para enviarlle a Xacobo a noraboa en nome de todo o colexio, sobre todo aqueles que fomos profes seus, e dicírlle que nós tamén gardamos un grato recordo del e que pensamos que seguramente influimos algo na súa vocación literaria, pero seguramente escribiría igual de ben, a pesar nosa, porque o que el expresa sae de dentro, da súa sensibilidade e riqueza humana.
Unha aperta moi, moi grande de Aurora, Nardo, Paquita, Lila e María, os profes que quedamos daquela época.
( preme na imaxe para vela máis grande)
4 comentarios:
Parabéns a Xacobo!!!
Noraboa Xacobo. Non deixes de escribir e de compartilo. Alégrome moito, bicos
Moitísimas grazas a todos. Non sei moi ben como expresar a inmensa emoción e ledicia que me causaron estes comentarios. De verdade, moitas grazas.
Desde logo, nunca me cansarei de dicir o orgulloso que estou de ser alumno do Colexio de Cervo. Sen dúbida é un gran signo distintivo e, sen dúbida, levo a súa impronta imborrable a cada lugar que vou, por cada sitio que paso.
Por suposto que vós sodes partícipes das miñas verbas. Sempre que diviso os "muros" desa gran escola sei que dentro queda a bon recaudo o berce da miña conciencia e a miña humanidade e, por suposto, da miña creatividade. Parte do que fun, do que son e do que debo ser.
Sempre estades presentes no meu recordo e, desde logo, ocupades un grande oco no meu corazón. Ánimo coa vósa importantísima tarefa diaria. Xa sabedes que aquí tedes a un alumno e a un amigo para o que precisedes.
Unha forte aperta a todos e cada un de vós.
Xacobo Casal
Despois deste comentario, Xacobo, queda moi claro porque gañaches o premio e porque gañas premios literarios!!! Noraboa unha vez máis.
Publicar un comentario