A piques de rematar o mes de febreiro, remata tamén o mes que na biblioteca dedicamos ao amor. Convocamos o 1º concurso de declaracións de amor entre o alumnado de 4º, 5º e 6º e houbo moita participación, incluso de animaron algúns profes. Houbo declaracións moi variadas: ao lápiz, á wii, ao namorado/a, á alguén anónimo, á google, á colección de discos, as mascotas, á Puca, ...
Como premio, houbo piruletas con forma de corazón para todos e unhas superpiruletas para sete cartas elixidas por ser orixinais, por estar escritas con humor, en fin, por ter algo especial que lle chamou atención ao xurado. E para mostra, aquí as podedes ver xunto cunhas fotos.

Foi tal o éxito que para o ano pensamos repetir! Grazas a todos os participantes, tamén ao profe Manuel, que nos achegou a súa carta por email porque se encontra disfrutando dun permiso moi especial, o de paternidade. Noraboa e temósche a túa piruleta gardada!
1 comentario:
Un verdadeiro pracer participar nesta 1ª edición do concurso. Alégrame moito que tivera tanto éxito, cousa que non dubidaba... tendo a Puca como organizadora, como ía saír mal?!?
Unha aperta moi grande para tod@s!!!
Publicar un comentario