O pasado día 24 foi o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO porque un 24 de febreiro do 1837 naceu en Santiago de Compostela unha das mais grande escritoras da lingua galega, autora das coñecidas obras CANTARES GALEGOS e FOLLAS NOVAS.
Na biblioteca imos lembrala o luns 28, ilustrando poemas seus, recitando e escoitando versións musicalizadas das súas poesías.
Fixemos unha escolma de poemas musicalizados que podedes escoitar si premedes no seu título.
E o vídeo de ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES que podedes ver aquí:
Tanén vos deixamos este poema titulado
VAMOS BEBENDO
-Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos
andando o tempo;
i hei de vendelos caros
polo xaneiro;
i hei de xuntá-los cartos
para un mantelo;
i heino de levar posto
no casamento;
i hei... -Pois mira, Marica,
vai por un neto,
que antramentras non quitas
eses cerellos,
i as pitas van medrando
co galo negro,
para poñé-los ovos,
e todo aquelo
do xaneiro, dos cartos
i o casamento,
miña prenda da ialma,
¡vamos bebendo!
SI queredes saber mais cousas dela podedes consultar estes enlaces:
ROSALÍA DE CASTRO, Sitio web da Fundación Rosalía de Castro
ROSALÍA DE CASTRO: FICHA DA AUTORA
SI queredes saber mais cousas dela podedes consultar estes enlaces:
ROSALÍA DE CASTRO, Sitio web da Fundación Rosalía de Castro
ROSALÍA DE CASTRO: FICHA DA AUTORA
No hay comentarios:
Publicar un comentario