27 feb 2011

SEMANA DO ANTROIDO

Esta semana celebramos o Antroido no cole. Cada día hai unha cousa diferente:
  • O luns iremos cos zapatos diferentes.
  • O martes levaremos algo na cabeza.
  • O mércores, todos vestidos dunha soa cor.
  • O xoves disfrutaremos coa festa da auga, para o que temos que ir debidamente equipados: roupa, armas de auga,...
  • O venres pola tarde faremos o desfile dende o colexio ata a praza do Souto. A temática deste ano está  relacionada co proxecto da biblioteca LENDO E PINTANDO. Vamos de cadros de pintores: os de 1º ciclo de Delaunay, os de 2º ciclo de Miró, os de 3º ciclo de Picasso e os de infantil irán disfrazados de pintores.Xa veredes que colorido!!
E para traballar nas clases temos os recursos do ANTROIDO neste blog, no lado dereito. Como novidade, un libro colaborativo LIM que vimos no blog :
e que podes facer si premes na imaxe.
Agardamos pasalo moi ben!

A profe Belén Junquera achéganos outro recurso para traballar O ANTROIDO GALEGO. Son unhas actividades LIM.Grazas Belén!

1 comentario:

Belén dijo...

Tedes algún LIM máis sobre o entroido en actividadeslim.nireblog.com na categoría de tradicións
por se vos interesan.