10 mar 2011

LEMBRANDO A ROSALÍA

O pasado febreiro lembramos a Rosalía de Castro lustrando e lendo poemas seus. Os poemas foron elixidos no libro " Do A ao Z con Rosalía", da Ed. Everest. Cada nena/o de 3º, 4º, 5º e 6º fixo o debuxo a un destes poemas e logo na biblioteca disfrutamos coa lectura deles, tamén escoitamos algúns poemas interpretados por Amancio Prada, Carlos Núñez e outros.
Ah! Como estabamos na semana do Antroido tiñamos unhas pintas un pouco carnavaleiras porque ese día tocaba levar algo na cabeza.

No hay comentarios: