14 mar. 2011

O CARRO

A profe Paquita, tróuxonos un carro que lle fixo o seu pai, como se facían antes, para xogar con eles. As nenas e nenos disfrutaron con este argallo e a biblioteca aproveita que estamos no mes da poesía para lembrar esta de Manuel María que se titula:

O CARRO



                                                                 Teño un carriño cantor,
teño un carro cantareiro
¡Con fungueiros afiados
e con eixo de amieiro!

O meu carro canta ben,
non pode cantar mellor.
¡Meu carriño cantareiro,
meu carrirño cantador!

O meu carro canta, canta;
nunca cansa de cantar.
¡De día cántalle ó sol;
de noite, canta ó luar!

Ouh, meu carriño cantor:
cantas agora e dospois.
¡Con que fachenda te leva
a parelliña de bois...!





No hay comentarios: