19 mar. 2011

LENDO CON SENTIDO

LENDO CON “SENTIDO”: O GUSTO
“... Había moito tempo que os animais andaban a matinar a qué sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeño...”
Os nenos e nenas de Infantil comezaron o obradoiro de “Animación á Lectura e Estimulación Sensorial” programado dende o Departamento de Orientación en colaboración coas titoras e mestras especialistas. Nesta ocasión o conto protagonista foi “A que sabe a lúa?” do escritor e ilustrador polaco Michael Grejniec, da Ed. Kalandraka, que serviu coma nexo para traballar o sentido do gusto.
Tras a sesión de contacontos, os nenos e nenas fixeron unha degustación de “pedaciños de lúa” doces e salgados así coma de zumes de melocotón e de limón... vaia cara que puxeron cando o probaron!!
A QUE SABE A LÚA? on PhotoPeach


Podedes facer unhas actividades LIM que fixo profesora Tatiana Rivero da EEI  O GRUPO, sobre este conto si premedes neste enlace:

1 comentario:

Vero dijo...

mmmm que ricos estaban os pedaciños de lúa!!! incluso a algún neno lle gustaba o zume de limón!!! :D