O alumnado de 6º formou un club de lectura ao que lle puxeron de nome " OS TRAGALIBROS", estiveron coordinados pola titora Aurora e por María, a profe encargada da biblioteca. O primeiro libro que leron foi un de ROALD DAHL titulado AS BRUXAS, da Ed. Alfaguara. Facían as xuntanzas nos recreos da mañán para falar do libro e degustar algunha lambetada que traían para facer mais amena a tertulia.
Como remate, o xoves tiveron unha sesión de Libro Fórum cun especialista en Roald Dahl, , trátase de Juan José Lage Fernández, director da Revista de Literatura Infantil-Juvenil PLATERO, do CRP de Oviedo. No número 178 desta revista publica un monográfico sobre este escritor, como homenaxe por cumplirse vinte anos , o 23 de novembro, da súa morte.
Pasamos unha sesión moi entretida comentando este libro, as mensaxes que se esconden detrás das escenas de humor, lendo a Enciclopedia das golosinas e as anécdotas que o autor lle contou a Juan José Lage cando o entrevistou pouco antes de morrer.
Si queredes saber mais cousas podedes consultar a páxina oficial do escritor, en inglés:
O IES A XUNQUEIRA de Pontevedra fixo un excelente traballo sobre este autor do que poñemos o enlace por si o queredes consultar:
1 comentario:
Que sorte!
A min sempre me encantou Roald Dahl, para min é un dos mellores. Que mágoa non poder acompañarvos, espero que disfrutárades moito.
Publicar un comentario