15 abr 2011

LENDO CON "SENTIDO": O OÍDO

LENDO CON “SENTIDO”: O OÍDO
“... - Mamá, tí cres que son orelluda?

– Non filla, tes orellas de bolboreta.

– E como son as orellas de bolboreta? 
– Pois son orellas que pintan de cores as cousas feas...”

A pasada semana realizamos a segunda sesión do obradoiro “Ler con Sentido” onde as nenas e nenos de infantil traballaron o sentido do oído mediante o descubrimento e recoñecemento de sons familiares e da Natureza mediante diversos xogos.
O conto que serviu de nexo, nesta ocasión, foi “Orellas de Bolboreta” da escritora Luisa Aguilar. Do conto gustounos moito a historia e tamén as ilustracións de André Neves, que encheron de maxia a biblioteca do cole.
A sesión desta semana completou o traballo realizado polas mestras titoras de infantil, posto que durante o segundo trimestre estiveron desenvolvendo o proxecto do corpo e os sentidos.
Por si queredes volver a oír o conto:


Aquí podedes ver ao alumnado disfrutando deste conto na biblioteca.
LENDO CONSENTIDO on PhotoPeach

No hay comentarios: