O venres 6 de maio asistimos ao CORRELINGUA 2011. Este curso tivo lugar polas rúas de Burela, inicimos a marcha no parque do Hospital da Costa e rematamos diante do Concello. Os globos azuis e vermellos con forma de corazón simbolizando a lingua e o corazón, daban unha nota de cor á marcha, integrada por 1200 participantes. Unha vez na Praza do Concello, asistimos a un espectáculo de maxia a cargo do mago Martín Camiña. Tamén houbo un galeoke coa participación de alumnado do colexio de Galdo e do Cantel de Foz. Escoitamos o manifesto que leron uns rapaces e rapazas do IES Gamallo Fierros de Ribadeo e para rematar tivemos a actuación de SOM DO GALPÓM.
Póñovos o enlace á páxina do CORRELINGUA onde podedes ler o manifesto e consultar mais cousas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario