13 may. 2011

UN DÍA EN MADRID



Esta semana Nardo o director do colexio e eu, María a encargada da biblioteca, viaxamos a Madrid para recibir o premio de BOAS PRÁCTICAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.  Despois dun bon madrugón, chegamos á capital ás oito e media da mañá. No autobús camiño da Praza de Cibeles coincidimos cos compañeiros do Ceip Quintela de Moaña. O acto era ás doce e media, polo que fixemos tempo paseando pola Praza de Colón, paseo de Recoletos, almorzando no Café Gijón,...E como ocorre case sempre nestas ocasións, sempre hai algo que falla, a pesar de telo todo preparado e controlado: cando quero sacar unha foto á Praza de Colón vexo que a cámara de fotos non ten batería!! Busco correndo onde mercar unha cámara de usar e tirar, pero nada,en tódolos sitios estaban esgotadas, así que me resigno a sacar fotos co móbil.
Chegan as doce, xuntámonos cos compañeiros galegos á porta da Biblioteca Nacional e por fin poñémoslles cara a aqueles nomes que só coñeciamos virtualmente: Loly de Fene, Isa deMoaña, Susana de Muxía, as compañeiras de Guntín e de Monterroso...Entramos e sentámonos como nos indican , todo perfectamente organizado, saudamos a Pilar e Cristina, as xefas, como lles chamamos cariñosamente a familia do Plambe, as asesoras de Galicia que xunto co  director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal Rodríguez, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, nos acompañaron neste acto.
Despois de varios avisos de que nos sentaramos porque ía chegar o ministro, fai acto de presencia Ángel Gabilondo e comenza a lectura da acta e a entrega de premios, logo a coordinadora dunha biblioteca de secundaria asturiana dixo unhas palabras en nome dos premiados, tamén o ministro pronunciou un fermoso discurso e pechou o acto o Ceip Quintela de Moaña, coa interpretación da cantiga nº 100 de Alfonso X por un ex alumno acompañado da fanzoña que nos puxo os pelos de punta.Visionamos un vídeo que resumía as actividades da biblioteca e unha nena e un neno de 4º contaron o conto da Cebra Camila.
Mais tarde sacamos as fotos na escaleira do edificio e tomamos uns pinchos, mentres conversamos cos demais premiados de Badajoz, Sevilla, Málaga, Asturias,...
Xa era hora de voltar ao aeroporto para embarcar no avión. Sobre ás nove da noite chegamos de volta á casa, co diploma ben agarradiño, que estes días ten Puca abrazado con forza!
Un día moi longo,pero que se pasou moi rápido,cheo de nervios, emocións, alegrías, encontros,...
As imaxes foron sacadas das que colgaron as asesoras na páxina das BE onde tedes máis información si premedes  aquí.

10 comentarios:

Frianciño dijo...

Noraboa por este premio tan merecido.
Un saúdo

Biblioteca dijo...

Parabéns polo voso traballo e polo premio.

Unha aperta

Biblioteca Brea Segade de Taragoña

Redacción dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Beni dijo...

Parabéns polo premio e que sigan as boas prácticas (eliminei a entrada anterior porque non me chamo redacción)

Belén dijo...

Parabéns polo premio pero sobre todo polo traballo ben feito!
Bicos

olga dijo...

¡Que fantástico!
Os nosos máis quentiños parabéns para o cole de Cervo e, especialmente, para María.

Bibliocervo dijo...

Grazas a tod@s polo voso apoio e axuda! O pertencer a esta gran familia do plambe da a seguridade de saber que sempre hai alguén disposto a axudar!Comparto con tod@s a satisfación deste premio que algúns/as xa saboreástedes!
Unha aperta de María e de toda a biblioteca de Cervo!

RAIOTECA dijo...

Chego un pouco tarde, xa pouco queda por dicir. PARABÉNS!!! tamén dende o cole de Andrade. O traballo ben feito sempre da os seus froitos. Bicos.

curuxa dijo...

Que ben! Unha crónica supercompleta para un día fantástico que tardará en marchar da memoria! Aínda levades o sorriso posto? Nós si!

Biblioteca Víctor Sáenz dijo...

Noraboa por este premio!!!
Unha forte apreta e moito ánimo para continuar co traballo.
Asun
Biblioteca do CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos