8 jun. 2011

VISITA DE XAN BABARRO E ANA Mª FERNÁNDEZ

Para rematar as actividades programadas de animación á lectura para este curso, tivemos a visita desta parella de  escritores. Fixémoslles moitas preguntas sobre os seus libros e contáronnos detalles do seu traballo. Ao remate da sesión lemos un conto entre todos.
Quedamos moi contentos da súa visita e con ganas de ler máis libros deles!

No hay comentarios: