23 oct. 2011

BIBLIOTECA ESCOLAR, ÚLTIMA XERACIÓN


O 24 de outubro celebramos o Día da biblioteca con este cartaz da ilustradora Emma Ríos, ilustradora de cómics que fai a súa interpretación do lema proposto:
BIBLIOTECA ESCOLAR, ÚLTIMA XERACIÓN
e danos a súa visión do que son as bibliotecas escolares " : lugares de encontro e de convivencia, espazos de aprendizaxe e de contacto gozoso coa cultura escrita; integración dos distintos soportes e formatos que albergan a información e os contidos culturais, oportunidades para soñar e imaxinar; apoio para a adquisición de competencias básicas e construción de coñecementos de calquera tipo; escolas de cidadanía." ( Visto en Bibliotecas Escolares de Galicia)







No hay comentarios: