21 oct. 2011

O REGRESO DE PUCA

BENVIDA, PUCA! on PhotoPeach

Puca xa está de volta! Onte apareceu na entrada do colexio, de regreso de non sabemos onde. Dunhas vacacións, dun balneario, dunha clínica de estética, de compras,...? Hai opinións para todos os gustos. No que si coincide todo o mundo e que ven moi mellorada, máis "relleniña", máis morena, con roupa nova, zapatos novos,...Só lle falta o sombreiro que debeu perder na súa viaxe. Temos que mercarlle outro!
BENVIDA, PUCA E LONGA ESTANCIA ENTRE NÓS!

3 comentarios:

MIK dijo...

Que guapa e que favorecida está Puca! A verdade é que lle sentou moi ben a viaxe.
Benvida, Puca, e moitos biquiños ratunos desde Vigo!!!

Anónimo dijo...

Pero que xeitosiña está a nosa Puca!! Dá xenio vela!!! Agora agardamos as súas cartas que seguro que nos ten moito que contar :D
Vero

Bibliocervo dijo...

Grazas a tod@s polos vosos "piropos". Logo teredes máis novas miñas! Apertas ratunas para todo@s, en especial para MIK! Puca