Esta semana celebramos o Día das Bibliotecas cun xogo de pistas sobre o pintor Paul Klee. Esta actividade foi deseñada no Proxecto Lendo e Creando que iniciamos o curso pasado. Todo o alumnado do colexio participou en grupos de dez, mezclados os distintos cursos dende infantil de 3 anos ata sexto. Cada grupo tiña o nome dun pintor: Matisse, Archimboldo, Miró, Picasso, Paul Klee, Goya, Velázquez, Kandinsky, Monet e Dalí.
O xogo consistía en resolver dez probas moi variadas: bailar unha danza, resolver adiviñas, un memori, facer un puzzle...e por cada proba resolta recibían unha letra co que tiñan que completar o nome do pintor e o título dun cadro. Cando tiñan todas as probas resoltas e o pasaporte cuberto, a cada grupo dábaselles unha peza dun puzzle. Ao final, todo o grupo compoñía o nome do pintor Paul Klee e os encargados facían un puzlle grande do cadro "1914".
Ademais, repartimos uns folletos ás familias, con recomendacións para animar a ler aos seus fill@s. Fixemos tres modelos diferentes: para os que nan ben on saben ler, para os que están empezando e para os que xa saben.
Felicitamos ao alumnado polo seu bo comportamento, sobre todo aos maiores que tan ben coidaron dos máis pequeniños! Ademais, repartimos uns folletos ás familias, con recomendacións para animar a ler aos seus fill@s. Fixemos tres modelos diferentes: para os que nan ben on saben ler, para os que están empezando e para os que xa saben.
Si comenza a ler
.
3 comentarios:
Que celebración máis chula! Da gusto ver a todos os nenos e nenas participando nunha mesma actividade. Parabens ao equipo de biblioteca pola idea.
Saúdos dende Moaña
Grazas aos compañeir@s de Moaña; Pasámolo moi ben tanto os profes como o alumnado, con ganas de repetir! Apertas dende Cervo!
Publicar un comentario